Quen Somos? Onde Traballamos? Actividades e Programas Os nosos Datos
Programa de Educación Ambiental
Que inclúe as seguintes actividades:
  • Clube Chuvieira de educación ambiental
  • Obradoiros e outras actividades extraescolares en colexios e outras entidades
  • Celebracións
Clube Chuvieira
Unha treintena de nen@s entre 8 e 10 anos se reúnen cada quince días na asociación para realizar actividades de coñecemento do medio (observación de paxaros, recoñecemento de cogumelos, …) e de mellora do mesmo (limpezas de río, plantacións, …).
Obradoiros
A asociación deseña e desenvolve obradoiros de educación ambiental para colexios e outras entidades, entre eles:
  • Obradoiro de papel reciclado
  • Obradoiro de reutilización e reciclaxe de materiais de refugallo
  • Obradoiro de comedeiros e caixas niño para paxaros
  • Obradoiro de usos das plantas …
Celebracións
Dende os seus inicios, Néboa vén celebrando días de especial relevancia para o medio ambiente, entre eles o Día da Árbore ou o Día da Auga.
© 2005 Neboa Medio Ambiente ::: Contacto: medioambiente@neboa.org