Quen Somos? Onde Traballamos? Actividades e Programas Os nosos Datos
Programa de Investigación
Que inclúe as seguintes actividades:
  • Inventariado da flora e fauna do río Belelle
  • Recopilación de xogos medio ambientais
  • Hemeroteca e biblioteca medio ambiental
Inventarios  
Recollendo o testigo dunha antiga asociación naturalista que existía no concello de Neda, Néboa aproveita cada unha das súas saídas ó río Belelle para anotar e describir cada unha das especies animais e vexetais que viven ás beiras deste curso fluvial.
Recopilación de Xogos, Hemeroteca e Biblioteca
Unha das ferramentas que máis frecuentemente utiliza Néboa para realizar educación ambiental son os xogos, por iso temos especial interese en coñecer, recopilar e desenvolver novos xogos de educación ambiental. Así mesmo consideramos fundamental o coñecemento e análise de toda información medio ambiental e por iso nos preocupa recopilar as noticias de tinte medio ambiental que a diario aparecen na prensa, e enriquecer a nosa biblioteca con todo tipo de publicacións neste sentido.
© 2005 Neboa Medio Ambiente ::: Contacto: medioambiente@neboa.org