Quen Somos? Onde Traballamos? Actividades e Programas Os nosos Datos
Quen Somos?

Néboa Medio Ambiente é unha asociación ecoloxista que nace no ano 1.996 no seo da entidade cultural Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, coa idea de encauzar as inquietudes medio ambientais dalgúns socios e posibilita-la  súa actuación nesta dirección.
           
A asociación agrupa a xente con todo tipo de inquietudes, entre eles biólogos, inxeñeiros, técnicos medio ambientais, mestres, monitores e directores de tempo libre, …

Noticias
Néboa Medio Ambiente está a punto de publicar dúas novas unidades didácticas, unha adicada ós ríos e outra centrada na cidade. Con esta publicación Néboa pecha a serie de unidades didácticas adicadas ós ecosistemas máis característicos da comunidade autónoma galega.
Comezan as actividades do club Chuvieira que este ano terá ós nosos rapaces e rapazas ocupad@s co desenvolvemento dun proxecto de reforestación incluído dentro do programa Voz Natura da fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, e o Proxecto Ríos promovido en colaboración con Adega para o estudio do río Belelle.
 Dentro do programa Axenda 21, próximamente terá lugar a convocatoria do segundo foro de medio ambiente, un lugar de encontro dos cidadáns de Neda para opinar sobre a situación medio ambiental do seu concello.
Durante os meses de Outubro e Novembro se van desenvolver as xornadas micolóxicas que cada ano organizamos para achegarnos ó coñecemento dos cogumelos máis frecuentes nos nosos montes e bosques.
© 2005 Neboa Medio Ambiente ::: Contacto: medioambiente@neboa.org