O día da Candelaria, que se celebra o 2 de febreiro, ten a súa orixe nas antigas crenzas que os nosos ancestros tiñan en relación aos ciclos da natureza e nas festas que eles facían para celebrar o fin do inverno e o retorno da luz cando os primeiros xermolos de novas flores e plantas empezaban a agromar, e tamén cando as aves migratorias volvían e iniciaban os seus emparellamentos; acostúmase a dicir que a Candelaria, ou Candeloria, é o tempo no que “casan os paxariños”.
Moitos refráns populares recollen esta celebración:
Pola Candeloria casan os paxariños e maila galiñola.
Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.
Se a Candelaria empola, o inverno vai fóra.
Pola Candelaria, metade do inverno vai fóra e se rí, aínda está por vir.
Nos últimos anos as entidades ambientalistas e as escolas están a traballar por recuperar esta e outras datas da tradición galega; esta festa da Candelaria nos gusta especialmente á xente da agrupación ornitolóxica Andoriña e a Néboa Medio Ambiente, así que nos adiantamos á data para celebralo con todos vós, como nos gusta a Néboa, saíndo ao noso entorno natural a observar e descubrir aves, aproveitando o bon tempiño destes días. MOI FELIZ DÍA DA CANDELARIA PARA TODOS E TODAS!!!!