Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

AFOTANDO PAXAROS POR VILARBÓ

AFOTANDO PAXAROS POR VILARBÓ

AFOTANDO PAXAROS POR VILARBÓ

Esta fin de semana pasada, a pesares do frío e incluso un pouquichiño de neve pola zona, algúns voluntarios da agrupación Andoriña se achegaron ata a área natural de Vilarbó para facer observación de aves; o día estaba un pouco escuro para as fotos e o frío era realmente notable pero con todo o mes da Candelaria se deixaba notar e puidemos ver bastante actividade, bandadas de paxaros a voar diante de nós, os comedeiros que enchéramos na última visita a Vilarbó xa completamente baleiros, e máis horas de luz que nos permitiron alongar un pouco a observación ornitolóxica a pesares dun ceo gris que non deixaba pasar os raios do sol.

No percorrido que fixemos poidemos observar unha bandada duns vinte pincaouros que levantaba o vó nada máis achegarnos e volvían apousar un pouco máis adiante dos nosos pés e que confundimos cun grupo de xiríns pola cor verde rechamante da súa plumaxe ata que os afotamos e estudamos con calma as fotos. Nunca os víramos por esta zona así que para nós foi toda unha novedade.

Tamén afotamos algunha estreliña riscada coa súa característica crista laranxa, algún ferreiro bacachís e varios ferreiros abelleiros.

Se nos resisteu o peto real ao que escoitabamos petar nun tronco ben preto de nós pero ao que non fomos quen de descubrir para afotar.

No río un par de parellas de lavancos reais nadando no río Eume e unha garza completaron os avistamentos do día.

Coma sempre, vos deixamos algunha foto, máis escuras do que nos gustaría, pero testemuñas das observacións do día.