Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

ALGUNHAS FOTIÑOS DE SETEMBRO

ALGUNHAS FOTIÑOS DE SETEMBRO

ALGUNHAS FOTIÑOS DE SETEMBRO

Setembro para Néboa Medio Ambiente sempre é un mes de volta á calma, de ordenar e revisar materiais do almacén do local da entidade despois de todo un ano de traballo, e de poucas saídas xa que ainda vai moita calor; con todo, os socios de Néboa Medio Ambiente non paran quietos, uns a andan a argallar actividades e organizar os seguintes eventos da entidade, e  outros aproveitan as mañanciñas para saír afotar algunhas aves pola comarca de Ferrolterra, sobre todo pola ribeira de Neda e as praias de Covas. Aquí vos deixamos as últimas fotos da nosa parella de fotógrafos preferida, os irmáns Dalton como nós os chamamos, Simón e Gabriel, fotos que a nós nos parecen realmente marabillosas das que disfrutamos  un montón cando nolas ensinan.  Para a publicación de hoxe escollimos algunhas píllaras, nos encanta a foto de grupo ou a foto voando!, e tamén un mazarico e unha gaivota patiamarela. Setembro rematou  e axiña volveremos ás saídas ornitolóxicas habituais da agrupación Andoriña das que tamén vos iremos deixando algunhas imaxes.