Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

ALGUNHAS FOTOS DA NOSA PLANTACIÓN

ALGUNHAS FOTOS DA NOSA PLANTACIÓN

ALGUNHAS FOTOS DA NOSA PLANTACIÓN

Despois de varios días de chuvia por fin o pasado sábado 6 de abril escampou e os voluntarios de Néboa Medio Ambiente poidemos subir a o monte de Ancos a traballar na nosa plantación. Na ladeira do monte temos un pequeno terreo cedido polo concello de Neda onde hai xa anos vimos traballando primeiro cos nenos e nenas do clube de educación ambiental Chuvieira e despois cos voluntarios da entidade para reforestar a zona. Nesa ladeira zoa tanto o vento e o terreo é tan pedregoso que tras probar con especies autóctonas como os castiñeiros e os carballos, axiña nos demos conta que só os bidueiros e os piñeiros son capaces de prender e sobrevivir á sequía da zona e ao vento que azota a maioría dos días este espazo. Os primeiros piñeiros e bidueiros xa teñen unha altura e grosor considerables, arredor de trescentas árbores temos alí plantadas, e a elas o sábado sumamos 28 novas árbores, 6 bidueiros e 18 piñeiros (media ducia serviron para sustituír piñeiros que plantamos hai dous anos pero que secaron e non foron adiante, e o resto se suman a esta plantación que cada ano procuramos revisar, limpar e aumentar). 

Temos que dar especialmente as grazas a Almu e Ramón, que sempre veñen plantar árbores con nós acompañados da súa filla Sara, a Lou, a Piñón e a Álvaro que nos acompañaron nesta xornada de amor ás árbores e de coidado do entorno. Todos os que participamos sentimos o placer do contacto coa terra, do aire na cara e do calor no corazón por celebrar un ano máis xuntos o DÍA DA ÁRBORE como sempre digo, como a nós nos gusta, plantando.

Coma sempre vos deixo algunhas imaxes da xornada.