Nestes días de abril o noso incansable compañeiro Simón, non perde oportunidade e sae sempre que pode ao campo a facer fotografías tan marabillosas coma as que hoxe vos deixamos, unhas por raras ou escasas, e outras por difíciles de afotar, todas teñen un grande encanto:
Vos deixamos a garza imperial en pleno voo na zona de Pontedeume, o picotorto que avistou na zona do Forgoselo, a papuxa paporrubia pousada nun aramio e moi atenta ao seu arredor, unha precisa laverca co seu magnífico tupé, e unhas preciosas fotos das píllaras riscadas na praia de Sartaña, e un merlo rieiro pousada para a foto nunha pola no río Xuvia.
Canta natureza digna da admirar ao pé das nosas casas!!! Gracias Simón por compartir as túas fotos con todos nós!!!