Unha das cousas que máis nos gusta a os membros de Néboa Medio Ambiente é a chegada do outono, nos encantan as paisaxes de outono con esas marabillosas cores amarelas, marróns e laranxas, e nos gusta especialmente sair camiñar polas fragas do Eume adiante en busca desas paisaxes e dos primeiros cogumelos da tempada; a finais de setembro xa fixemos a primeira incursión micolóxica pero as elevadísimas temperaturas do mes de setembro e ainda de outubro derivaron en campos secos ansiosos de humedade e moi poucos cogumelos dos que habitualmente recolectamos. Na saída desta fin de semana atopamos case a mesma paisaxe e moi poucos fungos, algún Boletus, algunha lingua de vaca (Hydnum rapandum), algún Cantharellus cibarius e unha pouca Amanita rubescens, pero moi pouco en relación ao que outros anos recollemos na mesma zona.
Haxa ou non haxa cogumelos sempre é un placer poder disfrutar das fragas do Eume e máis se o facemos na boa compaña dos socios da entidade Néboa Medio Ambiente; disfrutamos especialmente cando nos acompaña a pequena Sara, a socia máis noviña da entidade que vive as actividades da entidade como se dunha aventura se tratara.