Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

AS AVES DA SEMANA SANTA NAS FRAGAS DE VILARBÓ

AS AVES DA SEMANA SANTA NAS FRAGAS DE VILARBÓ

AS AVES DA SEMANA SANTA NAS FRAGAS DE VILARBÓ

O pasado sábado 16 de abril, algúns membros de Andoriña, aproveitando que a choiva daba unha tregua, fixeron unha xuntanza improvisada na que puideron atopar unha morea de paxaros en plena actividade pola beira do río Eume; ademáis de pimpíns e ferreiriños, poideron observar o paporrubio real con esa cor tan marabillosa entre bermello e coral que o fai inconfundible, algunhas estreliñas riscadas das que Simón algunhas fotos ben simpáticas coa cresta laranxa levantada e o pico ben aberto en posición de ameaza, e un gabeador que se deixou afotar durante un bon rato. Aquí vos deixamos unha mostra das fotos dese día.