Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

AVISTAMENTOS DESTES DÍAS

AVISTAMENTOS DESTES DÍAS

AVISTAMENTOS DESTES DÍAS

Onte varios membros de Néboa Medio Ambiente nos achegamos a Valdoviño para desfrutar dunha mañá de paxareo xuntos; primeiro estivemos na lagoa, ademáis de varios paxariños que nos acompañaron no paseo ata a caseta de observación (merlos, ferreiriños, xílgaros, …) o máis relevante dos avistamentos de onte foron tres mergullóns pequenos,  dez espátulas que se alimentaban en torno á illa do fondo da lagoa e unha magnífica tartaraña que fixo as nosas delicias deixándose ver un bon anaco de tempo , por suposto ben acompañados de ánades reais, cercetas, garzas, garzotas, cisnes e corvos mariños. A mañá comezou con bastantes nubes pero por momentos foi aclarando e nos permitiu facer un bo rato de observación dende o observatorio no medio do paseo que bordea a lagoa.

Despois nos trasladamos a Meirás para botar un ollo a ver se podíamos observar o paso dalgún alcatraz, e algún vimos pero poucos e moi ao lonxe.

Estes días, en Neda, tamén están a observar as espátulas, e sorpresa! incluso a aguia peixeira estase a mover pola zona!

Coma sempre vos deixo algunhas das imaxes recopiladas nestes días, nesta ocasión a maioría son de Gabriel Bellas, e a da águia peixeira é de Simón, aos que sempre agradecemos de corazón as súas imaxes que nos permiten aprender a todos.