Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

CAIXAS NIÑO E COMEDEIROS

CAIXAS NIÑO E COMEDEIROS

CAIXAS NIÑO E COMEDEIROS

Aproveitando o bo tempo desta fin de semana, algúns voluntarios de Néboa Medio Ambiente puxeron mans á obra e levaron a cabo a limpeza de parte das caixas niño distribuidas pola área natural de Vilarbó (As Pontes) e encheron de novo os comedeiros colocados a o seu carón; a verdade que este é un traballo que nos gustaría ter feito en decembro ou xaneiro pero o mal tempo unhas veces, e as ocupacións dos socios da entidade, non nos permitiron telo feito antes. Para limpar as nosas caixas só empregamos cepillos, auga e vinagre blanco.

Levamos unha grande alegría ao comprobar que a inmensa maioría das nosas caixas niño están a ser ocupadas polos paxariños de Vilarbó, especialmente polos ferreiriños, e tamén os comedeiros que están a ser visitados por todo tipo de aves.

Vos deixamos algunha foto dos traballos desta finde.