Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

COLABORACIÓN CO COLEXIO DE ATIOS

COLABORACIÓN CO COLEXIO DE ATIOS

COLABORACIÓN CO COLEXIO DE ATIOS

A asociación Néboa Medio Ambiente está colaborando neste curso co centro escolar de Atios en Valdoviño para levar a cabo o seu proxecto adicado aos ríos nos cursos de terceiro e cuarto de primaria. Ademáis de prestarlles materiais para desenvolver o proxecto (parte da exposición de aves, xogos sobre a flora e fauna do río, os maletíns cos materiais para inspeccionar o río, bibliografía relacionada co tema), unha das nosas socias, que leva xa moitos anos dirixindo as saídas de Proxecto Ríos na entidade, e que é mestra do centro, estase a encargar da formación dos seus compañeiros en todo o relacionado co Proxecto Ríos - unha actividade que promove Adega por toda Galicia dende hai anos- e a programación de actividades didácticas co alumnado para que estes coñezan a flora e fauna dos ríos galegos, e leven a cabo a inspección do río da Lóngara no concello de Valdoviño. Froito desa colaboración os mestres de Atios están a elaborar materiais didácticos fantásticos cos que poder abordar o coñecemento dos ríos da contorna e o alumnado de 8 e 9 anos do centro están a sorprendernos a todos coa calidade dos seus traballos sobre os ríos do cocncello de Valdoviño e os concellos veciños.

Vos deixo algunhas fotos da saída cos escolares ao río da Lóngara para levar a cabo a inspección de río e coñecer o estado de saúde deste río.

Os nenos de Atios aprenderon ben o lema de ADEGA para este proxecto: Mollémonos polos ríos!