Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

DÍA DO MEDIO AMBIENTE E CAMPO DE VOLUNTARIADO

DÍA DO MEDIO AMBIENTE E CAMPO DE VOLUNTARIADO

DÍA DO MEDIO AMBIENTE E CAMPO DE VOLUNTARIADO

O pasado mércores día 5 conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente, a verdade é que na asociación temos moito traballo preparando as actividades do verán (os obradoiros de medio ambiente nos campamentos de Vilarbó, os roteiros que se van realizar, o campo de voluntariado,… que no fixemos ningunha celebración especial e iso que a tiñamos programada pero o mes de xuño sempre é complicado para os socios e moi complicado para os directivos da entidade que andan a tope preparando un verán cheiño de actividades coas que coñecer e mellorar o entorno medio ambiental das fragas de Vilarbó.

Non queremos deixar de facer unha publicación para lembrar o día e de paso animarvos a participar nas actividades de carácter medio ambiental que promoven as adminsitracións autonómicas para facer durante o verán, é o caso do campo de voluntariado de Vilarbó que vai ter lugar en As Pontes de García Rodríguez entre o 15 e o 26 de xullo e que organiza a Escola de Tempo e Aire Libre Néboa e no que Néboa Medio Ambiente ven colabroando dende hai anos aportando os coñecementos precisos para asesorar nas labores de plantación e limpeza de río que alí se realizan; por certo xa quedan pouquiñas plazas así que animádevos a participar con nós e disfrutar xuntos do traballo en equipo nun entorno privilexiado como son as fragas de Vilarbó.