Ainda que levamos moitos días sen publicar nada novo, non é porque a entidade peche as súas portas por vacacións senon máis ben todo o contrario, porque trasladamos o noso traballo dende a nosa sede en Neda ata a área natural de Vilarbó, en plenas fragas do Eume, para colaborar alí coa Escola de Tempo e Aire Libre Néboa levando a cabo numerosas actividades de educación ambiental cos nenos e nenas que participan nas Acampadas Intermunicipais na Natureza no mes de xullo, para asesorar e dirixir as tarefas de reforestación que levan a cabo os voluntarios do Campo de Voluntariado Internacional que alí se realiza na segunda quincena de xullo, e colaborar nas actividades de carácter medio ambiental que levan a cabo os rapaces e rapazas con discapacidade que visitan Vilarbó na primeira quincena de agosto; unha morea de traballo que nos mantén ben atarefados durante o verán e do que estamos sumamente orgullosos.
Deixamos algunhas fotografías das actividades realizadas nestes días de verán desexando que o verán veña cargadiño de moitas actividades na natureza coma estas para todos vós.