Na tarde de hoxe Néboa Medio Ambiente ven de facer unha selección dos materiais que compoñen a exposición fotográfica adicada ás aves do concello de Neda cos que montamos unha versión reducida da mesma adaptada aos meniños e meniñas de infantil e primaria da escola Semente-Trasancos do Roxal (Neda) coa idea de que desfruten durante quince días dos materiais que Néboa elaborou gracias á colaboración da Deputación da Coruña, tanto fotos coma materiais didácticos (fichas, marcadores, xogos) e poidan afondar xunto coas súas mestras no coñecemento das aves da contorna do Belelle.
Agardamos que a escola Semente desfrute dos nosos materiais tanto como nós desfrutamos coa súa montaxe!!!