Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

NEBOA MEDIO AMBIENTE NAS FRAGAS DO EUME

NEBOA MEDIO AMBIENTE NAS FRAGAS DO EUME

NEBOA MEDIO AMBIENTE NAS FRAGAS DO EUME

A asociación Néboa Medio Ambiente ven de rematar a súa estancia en na área natural de Vilarbó despois de dous meses de traballo; dende hai máis de vinte anos Néboa Medio Ambiente colabora coa asociación Escola de Tempo e Aire Libre Néboa para levar a cabo as Acampadas intermunicipais na Natureza que todos os veráns teñen lugar en Vilarbó, o campo de voluntariado medio ambiental que dende o ano 1.996 se organiza alí todos os veráns e o campo de traballo para discapacitados que ano tras ano tamén  se fai na citada área natural.

A labor de Néboa Medio Ambiente é a de asesorar en todas aquelas actividades realacionadas co medio ambiente:

  • os obradoiros de medio ambiente nos que participan nenos dende 6 ata 17 anos de edade no transcurso das acampadas intermunicipais
  • os roteiros organizados polas fragas do Eume para os nenos e nenas dos campamentos e dos campos de traballo
  • as labores de recollida de lixo nas beiras do río Eume, de plantación en Vilarbó e de colocación de caixas niño que se levaron a cabo cos voluntarios do campo de traballo internacional e do campo de traballo de medio ambiente para persoas con discapacidade psíquica
  • o programa de promoción da recollida selectiva que levamos anos facendo en Vilarbó e que este ano foi un dos focos de atención permanente ao redor do cal se levaron a cabo parte das actividades do programa de educación ambiental que Néboa Medio Ambiente realizou durante o verán en Vilarbó

Foi un verán que Néboa Medio Ambiente iniciou cunha fonda preocupación polo grande deterioro que observamos ano tras ano no entorno das fragas de Vilarbó, onde vemos avanzar a pasos axigantados as plantacións de eucalipto e as consecuencias no terreo das talas masivas nestas plantacións, onde xa no mes de xuño nos alertamos polo escasísimo caudal do río Eume que este ano coñeceu un das súas maiores sequías nos últimos anos; un verán no que nos soprendeu unha vez máis o lume nas fragas do Eume, cun foco no mes de agosto moi preto do lugar onde realizamos as nosas actividades,…. pero tamén foi UN VERÁN DE MOITA ILUSIÓN, no que tuvemos a oportunidade de levar nenos e nenas ás fragas do Eume, para que coñeceran o entorno máxico das fragas, para que durmiran á beira do seu río Eume, coñeceran as súas lendas e escoitaran e viran en primeira persoa algúns dos animais da súa fraga. Foi un verán no que tivemos a sorte de convivir cun grupo de voluntarios chegados de distintos rincóns de España e de Galicia marabilloso, que se implicou con nós dende o primeiro día no coñecemento e a conservación da flora e fauna das fragas de Vilarbó . Foi un verán que Néboa Medio Ambiente tivo a sorte de compartir un ano máis da man dos voluntarios da asociación Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, un verán fantástico do que hoxe vos deixo unha pequena escolma de fotos.