Ainda que as actividades de educación ambiental nos teñen moi ocupados durante a campaña de verán, sempre hai ratiños para coller a cámara e afotar algunhas das aves de Vilarbó, xa sexa nas inmediacións do río, no medio da fraga ou nos cumios dos montes que rodean Vilarbó. A paciencia sempre ten a súa recompensa en forma de foto, e así ocorreu coa pega marzá, o gabeador común, o paporrrubio real, o ferreiriño, o cuco e o miñato.Ata un rapaso se deixou afotar nunha das nosas viaxes en furgoneta dende Vilarbó a As Pontes para mercar materiais para as actividades. Vos deixamos aquí alguhas desas fotos para que as desfrutedes un pedaciño coma nós as desfrutamos observando todas estas aves no día a día da asociación durante as estancias de verán na área natural de Vilarbó.
