Como ven sendo habitual nos últimos anos, en Néboa Medio Ambiente temos a sorte de poder contar coa Deputación da Coruña para facer pequenos investimentos que soen ir destinados a mellorar os equipamentos informáticos da entidade e o propio local onde a diario desenvolvemos as nosas actividades.
Gracias á axuda para investimentos este ano tivemos a sorte de poder mercar seis tablets que estamos a empregar dende hai uns meses nas actividades da sección ornitolóxica da entidade, tanto para as saídas como para os traballos de identificación que realizan os socios na entidade.
Tamén poidemos adquirir o mobiliario e material de oficina necesario para montar un recanto informativo con xeito no que informar a calquera visistante que entre no local das nosas actividades e poñer a disposición de socios e visitas os materiais informativos e didácticos da nosa entidade e de outras entidades ecolxistas coas que colaboramos.
Vos deixamos algunhas fotos das novas compras.