Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

NOVEDADES DOS ÚLTIMOS DÍAS

NOVEDADES DOS ÚLTIMOS DÍAS

NOVEDADES DOS ÚLTIMOS DÍAS

Os paxareiros de Néboa Medio Ambiente non perden comba e andan á que salta, e o máis paxareiro de todos é o noso Simón que en canto lle dan un aviso dalgo, se pode, ahí vai en busca das novedades. 

O pasado xoves Simón soubo da presenza dunha escribenta nival na zona do Forgoselo e alá se foi á saida do seu traballo en busca desta rareza que de cando en cando se deixa ver por Galicia no inverno cando vai frío, unha preciosidade que leva a neve non só no nome senon tamén nas súas cores.

Na fin de semana e tamén polo Forgoselo, Simón poido afotar este tordo real que parece que pousaba para as fotos.

Outro compañeiro de Néboa Medio Ambiente nos daba hoxe o aviso da presenza dun cullereiro pola zona do paseo marítimo de Narón, co seu móvil mandou algunhas fotos acompañando o aviso.

Hoxe vos deixamos algunhas fotos deses avistamentos que nos encanta recibir e contemplar.