Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

OBRADOIRO DE XABÓN

OBRADOIRO DE XABÓN

OBRADOIRO DE XABÓN

Na pasada ponte da constitución varios socios de Néboa Medio Ambiente nos xuntamos na área natural de Vilarbó para facer xabón; en Néboa nos gusta conservar antigas tradicións dos nosos avós e avoas, como pode ser esta de facero xabón, ao tempo que elaboramos produtos totalmente naturais ou que reciclamos aceite xa empregado na cociña; incluso o xabón elaborado pode convertirse nun bo agasallo de nadal co que podemos contribuir a un nadal máis natural, verde e ecolóxico.

Vos deixamos dúas receita; a primeira, a dun xabón cosmético que elaboramos a partir de aceite de oliva:

1.Mesturar ¼ de litro de auga con 100 gramos de sosa cáustica (da marca BOSQUE VERDE ou similar, canto máis cerca do 100 % de pureza mellor)

OLLO!!! A manipulación da sosa, sempre con luvas, e sen respirar os vapores que emana a mestura nos primeiros momentos.

2.Mesturar 450 gramos de aceite de oliva virxe con 50 gramos de aceite de coco, 25 gramos de cera de abella e 5 gramos de   sal, e poñer a quentar.

3.Conseguir que as dúas mesturas teñen un temperatura en torno a 40-50 ºC; cando as dúas mesturas teñan a mesma temperatura xuntalas.

4.Bater coa batedora uns 5-15 minutos dependendo da temperatura ambiente, sempre a mesma dirección, ata conseguir que a mestura espese e ao avanzar a batedora quede o debuxo do seu camiñar tras dela; é o que se lle di “levantar a traza”.

5.Rápidamente engadir unhas gotas de aceite esencial, o que máis nos guste segundo as propiedades que queiramos conseguir no xabón (lavanda para un xabón relaxante, romeu para un xabón cicatrizante, loureiro para curar as dermatite, ..), e verter nun molde engrasado.

6.Tapar os moldes cun pano ata o día seguinte e entón desmoldar.

7.Deixar secar o xabón durante un mes nun sitio seco, tapado cun pano. O humedade, o tempo atmosférico, vai influir no proceso de secado.

8.Ao cabo dun mes cortar en pedazos se fixemos o xabón en forma de barra, e en calquera caso envolvelo con papel sulfurizado e decorar como queiramos.

 

A segunda receita vai ser a dun xabón para empregar no vertedoiro e fregar os cacharros, feito a partires de aceite de cociña usado; se trataría de seguir os pasos da receita anterior sustituíndo o aceite de oliva, o aceite de coco e a cera de abella  por 500 gr. de aceite xa usado (evitar os aceites que poidan ter moito olor coma por exemplo o de fritir peixe, e colalo antes de empregalo); no punto 5 engadiríamos aceite de limón para que o xabón teña propiedades desengrasantes; a nós nos gustar engadir tamén un bob chorro de azulete que lle da un aspecto de ondas azuis moi estético.

Vos deixamos algunhas fotos; especialmente interesante a foto na que feitas as mesturas e o batido podedes observar o punto que chamamamos “levantar a traza”.

Animádevos a facer algún xabón, é moito máis doado do que poida parecer, eso sí, fundamental controlar as temperaturas das mesturas. Se tedes calquera dúbida podedes escribirnos a medioambiente@neboa.org

E POSTO QUE ESTA VAI SER A ÚLTIMA PUBLICACIÓN DO ANO APROVEITO DENDE AQUÍ PARA DESEXARVOS A TODOS UN MOI BO NADAL E UN MAGNÍFICO ANO 2.024!!!