Como xa publicamos a finais do ano pasado, Néboa Medio Ambiente elaborou gracias á colaboración da Deputación da Coruña, catro paneis informativos sobre a flora e a fauna das fragas de Vilarbó e Lostegal; nos primeiros días de abril os voluntarios de Néboa Medio Ambiente encargáronse da colocación dos paneis nos seus lugares correspondentes para que todos aquelas persoas que se acheguen á zona (pescadores, sendeiristas, monitores e campistas, …) para gozar da natureza e do magnífico entorno que rodea o río Eume, poidan ler e ter información sobre as fragas do Eume, sobre a flora e a fauna da zona, e sobre as aves máis comúns que se poden avistar neste lugar. Gracias a Gabi, Simón,Gabriel e Ramón polo traballo de colocación, e gracias á súa pequena colaboradora, Sara, que tamén colaborou nos traballos da xornada..