Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

PAXAREANDO AQUÍ E ALÁ

PAXAREANDO AQUÍ E ALÁ

PAXAREANDO AQUÍ E ALÁ

Estes días de choiva a xente de Andoriña estamos a saír a paxarear un pouco desperdigados, e vendo cousiñas interesantes das que imos compartir algunhas fotos. As saídas deste mes de novembro incluíron a pasada semana a zona de Caveiro e a ría de Pontedeume,

Por Caveiro vimos moito paxariño pero foi difícil afotalo, os paporroibos, as estreliñas riscadas e algún gabeador se deixaron ver entre as polas das árbores pero non se deixaron afotar. No río poidemos ver algunhas lavandeiras reais e a garza voando río arriba dúas ou tres veces. A media mañá diriximos os noso pasos hacia Pontedeume e alí ademáis de papuxas das amoras, ferreiriños subeliños e corvos mariños poidemos observar e afotar algún pilro e un carrán.

Deixo aquí algunhas das fotos dese día.