Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

PAXAREANDO NA SEMANA SANTA POLAS FRAGAS DO EUME

PAXAREANDO NA SEMANA SANTA POLAS FRAGAS DO EUME

PAXAREANDO NA SEMANA SANTA POLAS FRAGAS DO EUME

Os días festivos da semana santa diron para moito e tamén houbo tempo para sacar as cámaras de fotos e aproveitar o bon tempiño para ir paxarear, descubrir e afotar as aves que neses días andaban polas fragas de Vilarbó: papuxa común entre as árbores da beira do río Eume, papuxa montesa nas uces do Alto da Meda; ferreiriños cristados e ferreiriños bacachís nas pólas dos bidueiros da fraga, estreliñas riscadas, pimpíns aproveitando o soleciño da tarde, picas dos prados, … unha grande variedade de paxaros ben activos na procura do sol, o alimento e máis de un en busca de parella para criar. Coma sempre vos deixamos unha selección das fotos destes días, cedidas polos voluntarios da agrupación Andoriña.