Como vos dicíamos na anterior publicación, os membros de Andoriña patearon tamén a zona de Covas- na que Simón e Gabriel xa se están a especializar-, e tamén O Pieiro-Doniños.
Nos paseos por Covas destes días destacar moitos paxariños (papuxas das amoras, chascas, xílgaros, …) e tamén estorniños pintos, un lagarteiro peneireiro e un precioso peto formigueiro.
Nos paseos polo Pieiro vimos algún rabirrubio, varios paporroibos, moito gorrión, algunha lavandeira común, varias picas dos prados, un par de miñatos , …
Deixamos aquí algunhas das fotos destes días.