Temos xa todo preparado en Néboa Medio Ambiente para traballar a tradición da Candelaria, unha antiga celebración que nos ven do tempo dos celtas, que anuncia o fin do inverno e o inicio da primavera fixándose nas aves e con refráns tan chulos como como o do título da entrada de hoxe e moitos outros que traballaremos cos nenos e nenas da comarca ferrolá; para iso contamos cunha magnífica colección de paxariños de madeira recén adquirida da que estamos a gozar os socios da entidade e por suposto os nenos e neas que se achegan ás nosas actividades.
Por certo, estamos a traballar nunha unidade didáctica adicada a esta celebración que agardamos que vexa a luz no outono.
Moi bo mes dos paxariños para todo e todas!