Estes días estamos a estrear o punto de información sobre a entidade Néboa Medio Ambiente na entrada do local da asociación; ainda que hai un par de meses que adquirimos o mobiliario e o material de oficina que necesitabamos para preparalo, gracias á unha axuda para investimentos da Deputación da Coruña, houbo que esperar un pouquiño para telo pintado e listo.
Nos apetecía contar con este pequeno espacio para expoñer un pouquiño o noso traballo e ter expostos a disposición dos socios e as persoas que se acheguen a o noso local, os materiais que imos editando cada ano: marcadores, trípticos, unidades didácticas , … ao tempo que expoñemos tamén os materiais que chegan a esta entidade, editados por outros colectivos ecoloxistas.