Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

SÁBADO DE COGOMELOS

SÁBADO DE COGOMELOS

SÁBADO DE COGOMELOS

Ainda que xa fixemos unha saída anterior a esta para ir buscar cogomelos, identificar,  afotar e apañar algúns níscalos, non publicaramos nada. A saída deste fin de semana foi máis xeitosa, nos xuntamos un grupiño maior de socios da entidade  a pesares da choiva que nos acompañou todo o tempo na nosa andaina micolóxica polas fragas do Eume. A mañá se deu ben, observamos certa variedade de cogomelos: Cantharellus cibarius, Laccaria, boletus de varios tipos (algún B. edulis), Amanita rubescens, … e recollimos ben delas para cociñalas e comelas xuntos. Un mañá de outono como nos gustan a nós, ben aproveitadiña!!!