Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

SAÍDA A VILLAFÁFILA

SAÍDA A VILLAFÁFILA

SAÍDA A VILLAFÁFILA

Un par de membros de Néboa Medio Ambiente, Simón e Gabriel, acompañados doutros ornitólogos da comarca ferrolá, estiveron esta pasada fin de semana nas lagoas de Villafáfila (Zamora) para realizar observacións de aves. Ainda non tivemos de convocar a outros membros da agrupación Andoriña e compartir con eles as experiencias desa fin de semana, e comentar xuntos as fotografías recopiladas nas moitas horas de observación realizadas, que por suposto faremos en canto poidamos. Mentres, vou abrindo boca cunhas pouquiñas das súas fotos deses días nas que podedes observar os abellarucos comúns coas súas espectaculares cores,  a avefría europea co seu característico penacho na cabeza e a bubela común tamén ben engalanada para a foto. As xornadas diron para moito e tanto Simón como Gabriel trouxeron as súas cámaras cheíñas de fotos e nas cabezas un montón de aprendizaxes dos ornitólogos que os acompañaron e que axiña esperamos aprender nós con eles da súa man.