Aldea Muchiqueira, 24,15510 Neda,A Coruña

981 34 76 90

ÚLTIMOS AVISTAMENTOS POLA RÍA DE NEDA

ÚLTIMOS AVISTAMENTOS POLA RÍA DE NEDA

ÚLTIMOS AVISTAMENTOS POLA RÍA DE NEDA

Neste mes de xaneiro que remata hoxe os membros da agrupación ornitolóxica non se xuntaron para facer as habituais saídas en grupo pero xa sabedes que temos a Simón Bellas á beiriña da ribeira de Neda que aproveita moitos dos os seus ratiños de lecer para manternos informados das novidades que este mes se pasearon pola ría.

Aquí vos deixo unha pequena selección das aves afotadas neste mes, destacando quizáis a presenza do mazarico  mouro que parou en Neda arredor do 22 de febreiro,  dalgunha gaivota anillada que chegou a nós dende Francia, e por suposto o noso querido martiño peixeiro ao que non deixamos de admirar.