Coma todos os anos por estas datas, e xa non lembro cantos anos hai que o facemos, pero seguro que hai máis de vinte anos, Néboa Medio Ambiente adicou a xornada de hoxe a plantar árbores. Nesta ocasión foron piñeiros no monte de Ancos. Quen coñeza o monte de Ancos sabe que o terreo é moi pedregoso e a zona moi ventoeira, por iso as plantacións alí son un pouco complicadas, con todo levamos moitos anos a plantar alí, probando con outras especies autóctonas nos inicios e nos últimos anos plantando sobre todo piñeiros, e este ano aumentamos un pouquiño máis a nosa plantación. Ademáis de plantar tamén colocamos algunhas caixas niño nas árbores do lugar, caixas que agardamos ver ocupadas na seguinte visita da asociación.
Vos deixo por aquí algunhas fotos da plantación de hoxe, gracias a todos os voluntarios de Néboa que hoxe viñeron plantar, sobre todo á pequena Sara que hoxe plantou a súa primeira árbore.